Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular salienta que a Axenda 20 para o emprego está a fomentar traballo de calidade, indefinido e a tempo completo

31 Mai 2018

Santiago, 31 de maio de 2018. A deputada do Grupo Popular Cristina Romero salientou hoxe que a Axenda 20 para o emprego da Xunta permitirá “fomentar traballo de calidade, indefinido e a tempo completo, reforzando a formación e especialización ao longo da vida laboral”.

 

Cristina Romero explicou que esta Axenda 20 para o emprego incorpora 20 medidas, cun investimento de 180 millóns de euros, que prestan especial atención aos colectivos con maiores dificultades para encontrar un traballo.

 

Así mesmo, a deputada popular afirmou que “existen actuacións específicas para combater o uso abusivo e, polo tanto, inadecuado da contratación temporal, porque a inspección de traballo vixía a contratación inadecuada sen necesidade de que se lle inste a elo”. Esta labor permitiu que desde 2012 afloraran en Galicia más de 25.000 empregos e a conversión en indefinidos de 22.000 contratos temporais, e para o presente ano 2018 o obxectivo é incrementar nun 1,7 por cento as actuacións.

                               

CREACIÓN DE EMPREGO

Romero referiuse, ademais, ao descenso do desemprego rexistrado en Galicia no último ano, coa creación de 30.300 novos postos de traballo. Os asalariados indefinidos aumentaron en 15.300 persoas, é dicir, un 2,57 por cento máis que hai 12 meses.

 

Respecto da contratación a tempo completo e tomando como referencia os  datos da EPA, Cristina Romero salientou que tres de cada catro asalariados galegos ten contrato indefinido; o incremento da contratación indefinida é superior á temporal, e os ocupados a xornada completa aumentaron en 18.000 persoas”.

 

“Os datos amosan ás claras que a calidade do emprego mellora ano tras ano en Galicia”, afirmou a deputada popular, quen sinalou que “é moito o que se leva acadado, pero tamén é moito o que queda por facer, polo que o Goberno galego seguirá coa folla de ruta marcada na Axenda 20 para o emprego”.

Síguenos nas redes sociais