Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG salienta a suba de 6 millóns do FCL desde 2008 a pesar da baixa na recadación da Comunidade galega

22 Mai 2018
Santiago, 22 de maio de 2018. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, salientou hoxe no Pleno do Parlamento que o actual Goberno galego “foi quen de situarse ao lado dos concellos e, a pesar da baixada de recadación na Comunidade autónoma, incrementou o Fondo de Cooperación Local en 6 millóns de euros respecto a 2008”.
 
 

 

Paula Prado explicou que na actualidade o Fondo de Cooperación Local (FCL) “está regulado por lei”, en concreto na disposición adicional quinta da Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011 que ten vixencia permanente.
 
 

 

INCONDICIONADO E GARANTIDO
 
 

 

“Ademais, contémplase como un fondo incondicionado, de maneira que o importe recibido  polos concellos galegos opera como un recurso propio dos mesmos e pode ser destinado ao que eles queiran, sen que teñan que xustificar os gastos que realizan”, explicou. Engadiu que “trátase dun fondo garantido, posto que o seu importe non pode ser inferior en ningún exercicio  ao que recibiu cada concello no ano 2010”.
 
 

 

A viceportavoz popular concretou que a dotación deste fondo no presente ano 2018 ascende a 120,6 millóns de euros, dos cales 112,97 millóns son fondo base, que representa a garantía mencionada; 6,33 millóns son fondo adicional destinado aos concellos con institucións penitenciarias, a comarcalización dos parques de bombeiros e, fundamentalmente, a sostemento dos gastos de funcionamento dos centros de saúde de titularidade municipal en concellos inferiores a 50.000 habitantes; e, por último, 1,3 millóns de euros como fondo complementario para as fusións de concellos e concellos xa fusionados.
 
 


Así mesmo, Prado lembrou que “existe un fondo específico que se dota coa metade da recadación obtida polo canon eólico e que se destina a actuacións de carácter ambiental nos concellos cuxo termo municipal estea afectado pola instalación dun parque eólico ou polas correspondentes instalacións de conexión”. Este ano, a dotación deste fondo os 11,2 millóns de euros.

Síguenos nas redes sociais