Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Puy afirma que “sería un erro a desaparición da marca Banco Popular- Pastor, pero a decisión final debe tomala o seu propietario: o Banco Santander”

22 Mai 2018
Santiago, 22 de maio de 2018. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, considerou hoxe no Parlamento que “sería un erro a desaparición da marca Banco Popular-Pastor, pero a decisión final debe tomala o seu propietario: o Banco Santander”.
 

 

Puy afirmou que a integración do Banco Popular-Pastor no Banco Santander “non está a ser un proceso traumático, xa que as cuestións de persoal estanse resolvendo sen tensións de acordo cos traballadores e se teñen garantido os depósitos de todos os clientes”.
 
 


Na súa intervención, o portavoz popular manifestou que a absorción do Banco Popular-Pastor polo Banco Santander enmárcase no proceso de reestruturación bancaria que se ten vivido nos últimos anos a nivel europeo, coa desaparición de entidades financeiras: 68 nos Países Baixos, 43 en España, 42 en Grecia ou 39 en Francia.

Síguenos nas redes sociais