Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular traslada a familia e amigos o seu pesar polo pasamento do deputado Carlos López Crespo

21 Mai 2018
Santiago, 21 de maio de 2018. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, trasladou hoxe á familia, amigos e veciños de Outes o pesar deste grupo parlamentario polo pasamento do deputado Carlos López Crespo.
 

 

Puy lembrou “a longa traxectoria política no PPdeG de López Crespo: alcalde de Outes desde o ano 1995 ata o 2016; deputado provincial entre os anos 2003-2007 e 2012-2015; membro da Executiva do PP de Galicia; e secretario xeral do PP da Coruña entre 1999 e 2003. Ademais, entre os anos 2004 e 2011 foi membro da executiva da Fegamp
 
 

 

“Os que tivemos a ocasión de tratalo na súa nova etapa como deputado do Grupo Popular no Parlamento de Galicia puidemos coñecer a súa paixón pola actividade parlamentaria, gozando cos debates, sobre todo na súa materia, a pesca, pero ao mesmo tempo facendo grupo, animando e felicitando aos seus compañeiros”, lembrou.
 
 

 

Deste xeito, Puy asegurou que “os deputados do Grupo Popular estamos a acusar o golpe do seu pasamento e botarémolo de menos”.
 
 


O portavoz popular indicou, ademais, que “xa falei cos voceiros dos demais grupos parlamentarios e agradezo as mostras de pesar que me transmitiron, así como a facilidade que nos deron para poder acompañar mañá a Carlos López Crespo na súa derradeira viaxe”.

Síguenos nas redes sociais