O voceiro de Educación destaca as actuacións para a Igualdade impulsadas polo Goberno galego nos centros educativos

25 Abr 2018


Santiago, 25 de abril de 2018.- O portavoz de Educación, César Fernández Gil, destacou esta mañá no Pleno do Parlamento as medidas que o Goberno galego está desenvolvendo para a igualdade nos centros educativos. Neste senso, referiuse a que, hai dous anos, puxo en marcha o I Plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020, “unha iniciativa que busca acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria, a través da formación e a educación de toda a comunidade educativa”.

 

 


Férnandez Gil lamentou “a insistencia dos grupos da oposición por intentar negar que se teñen dado pasos en positivo, cando a realidade é ben distinta”. “Se Galicia conta cun plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos é grazas a un goberno do Partido Popular”, afirmou.

 


Neste sentido, considerou unha tarefa prioritaria acadar a igualdade, que salientou como unha responsabilidade compartida por todos. “Os necesarios avances neste ámbito virán desde o ámbito educativo, pero non só desde o traballo nas aulas, senón tamén da implicación do conxunto da sociedade”, dixo.

 


Respecto á avaliación do Plan, o portavoz popular sinalou que “estamos ante unha folla de ruta que prevé a implantación de diferentes medidas dun xeito progresivo e co horizonte temporal de 2020, polo que calquera conclusión seria e rigorosa ten que agardar á finalización dos catro cursos nos que está vixente o plan”.

Síguenos nas redes sociais