Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular salienta as medidas adoptadas pola Xunta ante os danos ocasionados polo xabaril

02 Abr 2018


Santiago, 28 de marzo de 2018.- O deputado do  Grupo Popular Carlos Gómez Salgado salientou hoxe no Parlamento as medidas adoptadas pola Xunta ante os danos ocasionados polo xabaril, “tendo en conta a opinión de todos os colectivos implicados a través dun grupo de traballo no que se coordinan e consensúan as actuacións”.

 

 

 

En concreto, Gómez Salgado referiuse á aposta pola prevención dos danos do xabaril, o incremento da presión cinexética sobre esta especie ou as axudas específicas de carácter compensatorio para paliar os danos.

 


Carlos Gómez avanzou que este paquete de medidas “van a seguir impulsándose para facer fronte aos danos que ocasiona a poboación de xabaril”.

 


600.000 EUROS EN AXUDAS

 


En concreto, lembrou a liña de axudas específica de carácter compensatorio por 600.000 euros establecida no 2016  para paliar os danos producidos sobre os cultivos, á que se sumou ese mesmo ano e o seguinte outra liña de axudas que incluía, entre outros,  a subvención para  a adquisición de pastores eléctricos.

 


“A Xunta publicou, ademais, unha nova orde  de prevención de danos por fauna silvestre, cun orzamento inicial de 300.000 euros, dos que 120.000 euros foron destinados a subvencionar novamente a adquisición de pastores eléctricos, continuando coa aposta deste goberno pola prevención”, engadiu.

 


Carlos Gómez considerou “imprescindible centrar os esforzos na prevención, evitando así que os danos cheguen a producirse”. Neste sentido, avanzou a previsión de “impulsar un incremento notable da presión cinexética sobre esta especie, froito das reunións mantidas desde a administración con representantes do sector”.

 


PROLONGACIÓN XORNADAS DE CAZA

 


Neste sentido, afirmou que no último Comité Galego de Caza acordouse propor a prolongación do período hábil de caza do xabaril ata o 3 de febreiro de 2019, cun incremento do número de xornadas hábiles de caza que pasan de 67 na tempada 2017-2018 a 77 xornadas na vindeira tempada 2018-2019 en terreos de réxime cinexético especial e de 25 a 36 xornadas hábiles en terreos de réxime cinexético común.

 


“Ademais, e coa finalidade de axilizar e actuar coa maior rapidez na toma de decisións, a Xunta de Galicia, ao inicio da tempada de caza e a través dos seus Servizos Provinciais e coordinada directamente co sector agrario e cos cazadores, celebrará reunións onde se definan as zonas de conflito e se establecerán os protocolos de actuación para reducir os danos á agricultura, nomeadamente aos cultivos durante os períodos críticos da sementeira e da colleita”, apuntou.

Síguenos nas redes sociais