Novas Xeracións inicia con DOWN Galicia a súa rolda de reunións con asociacións de ámbito social de Galicia

13 Mar 2018

13 de Marzo de 2018.- O presidente e a coordinadora xeral de Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo e Eugenia Vizcaíno, reuníronse este mércores co presidente de DOWN Galicia, Delmiro Prieto, e coa xerente da asociación, Sonia Caldas. Trala xuntanza, Pardo salientou o enorme labor que realizan este tipo de organizacións, “sendo un exemplo de compromiso social para outras asociacións”.


O presidente recordou que a inclusión de persoas con síndrome de Down no mercado laboral ten que ser unha prioridade para todas as administración públicas, así como o de ficar na igualdade de oportunidades a través de programas orientados a integración social plena, “o cal mellora sen dúbida algunha a calidade de vida de persoas con síndrome de Down e con discapacidade intelectual”.

 


O obxectivo prioritario de Down Galicia non é outro que o de conseguir que as persoas con este síndrome consigan a máxima capacidade para levar unha vida autónoma, tomando as súas propias decisións e formando parte da sociedade dunha forma plena, visible e inclusiva.

 


Por todo isto, a unha semana do Día Mundial do Síndrome de Down, Novas Xeracións de Galicia mostra o seu compromiso claro con esta asociación.

 


Cómpre sinalar que esta xuntanza enlázase coa rolda de reunións que Novas Xeracións terá con diferentes asociación do ámbito social, cultural, deportivo e empresarial de Galicia.

Síguenos nas redes sociais