Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento demanda que a Xunta busque aliados na defensa dos intereses pesqueiros galegos para abordar os novos retos que xorden co Brexit

08 Mar 2018

Santiago, 8 de marzo de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición no de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a buscar aliados na defensa dos intereses pesqueiros galegos para abordar os noso retos que xorden co Brexit, plasmando no eido europeo as informacións emanadas do grupo de traballo no seo do Consello Galego de Pesca para analizar cada paso que o proceso vaia dando.

 

 


O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos avogou porque a Consellería do Mar continúe desenvolvendo unha política de actuación na defensa da pesca galega no marco europeo diante dos novos retos específicos que se abren para o sector marítimo pesqueiro coa aplicación do Brexit.

 


“Consideramos positivo que a Consellería do Mar promova este tipo de iniciativas que afecta directamente aos intereses da nosa flota pesqueira, tanto a aqueles buques que desenvolven a súa actividade en caladoiros próximos a augas británicas, como tamén á flota máis próxima, a artesanal, tal e como manifestaron recentemente nun congreso interfederativo das distintas comunidades do Cantábrico”, manifestou.

Síguenos nas redes sociais