Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O GPP reitera que o proxecto mineiro de Touro-O Pino so recibirá autorización cando cumpra as normas urbanísticas, medioambientais e técnicas

08 Mar 2018

Santiago, 6 de marzo de 2018.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco reiterou hoxe no Parlamento que o proxecto mineiro de Touro-O Pino “só recibirá autorización da Xunta cando quede totalmente garantido o cumprimento das normativas urbanísticas, medioambientais e técnicas”. Así mesmo, “e para absoluta tranquilidade dos grupos da oposición, o Goberno galego tramitará este proxecto conforme á Lei de minería de Galicia do ano 2008, a lei que PSOE e BNG promoveron, aprobaron e utilizaron cando gobernaban en Galicia”.

 

 


Moisés Blanco manifestou que a Xunta aplica con este proxecto “un proceso garantista e rigoroso, que leve a permitir só aquelas actividades sostibles e respectuosas co medio e coas actividades preexistentes, tanto agrogandeiras como marítimo-pesqueiras”.


 

Así mesmo, o deputado popular insistiu que “estase a aportar toda a información que, tanto os grupos parlamentarios como os veciños, precisen da Administración”. Neste sentido, lembrou que “se teñen celebrado varias xuntanzas cos veciños para darlles traslado de toda a información sobre o proceso e a actividade da mina no futuro, ao tempo que coñecen o ofrecemento da Xunta de redobrar o sistema de control dos vertidos da mina mediante un plan conxunto entre Augas de Galicia, o Laboratorio de Medio Ambiente e o INTECMAR”.

 

EXPEDIENTE Á EMPRESA POLO REBOSAMENTO DA BALSA

 

Respecto do rebosamento da balsa acontecido nos últimos días, Blanco explicou que este feito tivo lugar na corta da Bama, que se corresponde coa zona restaurada da antiga mina. “Esa é a orixe do vertido que, en todo caso e segundo as analíticas tomadas nas augas fluviais da zona, se limitou ao río Bandelos, sen que chegara a afectar ao Ulla”, explicou. Ademais, lembrou que a Xunta incoou expediente á empresa para verificar o sucedido, que nestes intres continúa a súa tramitación.

 


Blanco criticou que socialistas e nacionalistas esquezan que 2o Goberno bipartito concedeu a través da Lei de minería de Galicia máis de 100 permisos de investigación e 43 concesións de explotación”.

Síguenos nas redes sociais