O Parlamento insta á Xunta a poñer en marcha un Portal do Voluntariado de Protección Civil

28 Feb 2018

Santiago, 28 de febreiro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a posta en marcha dun Portal do Voluntariado de Protección Civil que permita levar a cabo xestións, consultas e actuacións, e mesmo coñecer polo miúdo as actuacións, programas, e proxectos da Administración galega neste ámbito.

 

 


A deputada Maribel Novo manifestou que desde o Goberno galego “apóiase o labor do voluntariado, de maneira destacable nas vertentes de formación, axudas económicas para o funcionamento das agrupacións e con equipamento cedido aos concellos”.

 


COMPROMISO DO PPDEG

 


Neste sentido, lembrou o compromiso do PPdeG de poñer en marcha un Portal do Voluntariado de Protección Civil, “que debería constituír unha base de datos dos recursos e medios cos que conta cada asociación de voluntarios, de xeito que se poda consultar en calquera momento”.

 


“Esta ferramenta debe servir tamén para facilitar o traballo dos voluntarios, ao tempo que mellore a comunicación tanto para compartir información de convocatorias, subvencións, programas ou proxectos da Xunta, como para realizar procedementos administrativos”, engadiu.

Síguenos nas redes sociais