O Parlamento aproba, a través dunha emenda do GPP, dirixirse ás empresas de enerxía eléctrica para que teñan en conta nos seus plans a singularidade e necesidades do rural galego

26 Feb 2018


Santiago,  26 de febreiro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a través dunha emenda de substitución do Grupo Popular, que o Goberno galego se dirixa ás empresas
subministradoras de enerxía eléctrica co fin de que os plans de investimentos anuais contemplen específicamente a singularidade e necesidades do rural galego, para continuar a mellora da calidade da subministración eléctrica.

 

 


O deputado Moisés Blanco defendeu que Galicia conta, con  máis de 30.000 núcleos de poboación, co 40% dos núcleos totais do Estado, dos cales máis do 90% teñen menos de 100 habitantes. Así, Galicia reúne o 5,8% da poboación do Estado, e tendo en conta o elevado número de núcleos, “queda patente o nivel de dispersión poboacional, que sumado á complexa orografía, dificultan o desgregamento de redes de Internet, telefonía ou electricidade”.

 


O deputado popular recordou que a Xunta mantén un contacto contínuo coas compañías distribuidoras para que os seus plans de inversións anuais se axusten a dar un mellor servizo as poboaciones de Galicia onde se precisa.

 


De feito, indicou Moisés Blanco, a calidade dos suministros en Galicia está por encima da media de España desde o 2011. Así mentres o TIEPI (Tempo de Interrupción Equivalente a Potencia Instalada) de media en España era de 2,369 horas e en Galicia de 8,263 no ano 2009, no 2016 pasou en Galicia a  0,888, sendo a  media de España de 0,915.

 


O deputado popular tamén recordou tamén que o informe da Fundación Telefónica, presentado recentemente, indica que  Galicia se sitúa “por encima da media estatal en banca ancha” e indica que case un 80% da poboación de 16 a 64 anos confesou ter accedido á rede nos últimos tres meses, o que sitúa a esta comunidade como a española que máis creceu no uso de internet neste período.

Síguenos nas redes sociais