Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento aproba instar ao Goberno central para que os emigrantes fóra da UE tributen no imposto de sucesións e doazóns pola normativa europea

07 Feb 2018

Santiago, 7 de febreiro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular, coa única abstención de En Marea, a través da que se solicita do Goberno central que nos casos de herdanzas ou doazóns con residentes en países que non pertenzan á Unión Europea se tribute no imposto de sucesións e doazóns de acordo coa normativa da Comunidade galega e non a estatal. Así mesmo, demándase a cesión ás comunidades autónomas do rendemento deste imposto, comprendendo tamén a delegación das competencias de xestión, recadación, inspección e revisión correspondentes.

 

 


O portavoz de Facenda do Grupo Popular, José González, subliñou “a importancia desta modificación logo de que o  actual Goberno galego aprobara en 2016 unha importante redución do imposto de sucesións e doazóns, da que os emigrantes galegos en países de fóra da Unión Europea non se poden beneficiar porque o imposto non está cedido nestes casos á Comunidade galega”.

 


Neste sentido, explicou que desde o ano 2016 en Galicia non pagan o imposto de sucesións nas herdanzas a familiares directos desde cero a 400.000 euros, o que beneficiou a case 100.000 galegos durante o pasado ano 2017. “Trátase dunha reforma para xente do común, porque os que teñen un patrimonio superior si están obrigados a pagar este imposto”, apuntou.

 


José González sinalou que “se trata de poñer punto final a unha discriminación que afecta aos emigrantes galegos en países de fóra da Unión Europea e que están a pagar un imposto de sucesións moito maior que os residentes en Galicia”. A modo de exemplo, dixo que unha persoa residente en Galicia que recibe unha herdanza do seu pai residente en Arxentina por un importe de 500.000 euros pagaría neste momento 106.000 euros de imposto, mentres que se o pai residira en Galicia o importe a pagar se reduciría a 6.000 euros.

Síguenos nas redes sociais