Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG defende que a Xunta organice a actividade dos colexios con criterios pedagóxicos, demográficos, xeográficos e de xestión responsable dos recursos

07 Feb 2018

Santiago, 7 de febreiro de 2018.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, afirmou hoxe no Parlamento que a Consellería de Educación “organiza a actividade dos centros educativos tendo en conta criterios pedagóxicos, demográficos, xeográficos e de xestión responsable de recursos”.

 

 


César Fernandez subliñou que “un goberno responsable adopta decisións escollendo os momentos que cree máis oportunos para o interese da cidadanía, e anuncia as decisións cando se poden concretar os feitos”.

 


ATAQUES POLÍTICOS SEN RIGOR

 


Neste sentido, lamentou que “son moitos os exemplos vividos nestes anos nos que unha decisión de carácter estritamente educativo e con temporalización ordinaria acaba converténdose nun ataque político sen o máis mínimo rigor”. En concreto, o portavoz popular lembrou que a oposición “equivocouse e magnificaron as cousas respecto da reorganización de centros anunciada a finais do curso pasado e executada no presente curso 2017-2018”.

 


“A Xunta de Galicia non pode facer desleixo das súas responsabilidades e, ás veces, hai que tomar decisións que non sempre contentan a todos”, sinalou César Fernández, quen avogou polo “consenso e o diálogo para continuar organizando e xestionando a actividade dos centros educativos de Galicia, con absoluta transparencia e en base a criterios claros e sen ápice de arbitrariedade”.

Síguenos nas redes sociais