Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

José González destaca que a Xunta leva investido case 680.000 euros na loita contra a avespa e o cancro do castiñeiro

07 Feb 2018

Santiago, 7 de febreiro de 2018.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González, afirmou hoxe que “a Xunta leva investido case 680.000 euros na loita contra a avespa e o cancro do castiñeiro en Galicia. “Necesitamos que o sector agrario fortaleza a súa estrutura como mecanismo que lle permita loitar contra estes fenómenos climatolóxicos adversos, así como unha  maior profesionalización para que as explotacións poidan ter unha rendibilidade que lles permita asegurar o seu futuro”, sinalou.

 

 


José González concretou que entre os anos 2016 e 2017 soltáronse en Galicia 126.000 femias e 73.500 machos de Torymus sinensis, o depredador natural da avespa do castiñeiro. Así mesmo, lembrou que o Parlamento “xa aprobou unha proposición non de lei no mes de decembro solicitando ao Ministerio de Agricultura un incremento substancial das soltas experimentais de Torymus sinensis en 2018, ademais da liberación de soltas e produción desta especie”.

 


“Tamén estamos a facer un traballo serio, rigoroso e constante para facerlle fronte aos danos causados polas xeadas e a seca ao castiñeiro galego”, indicou o portavoz popular. Neste sentido, apuntou que “estamos cos produtores, pero tamén cos comercializadores e as empresas transformadoras para apoialos na medida das posibilidades legais e no ámbito das competencias da Xunta de Galicia”.

 


Centrándose na seca, González referiuse á orde da Xunta para garantir o subministro de auga ás explotacións agrarias, cunha dotación orzamentaria de un millón de euros para os anos 2017 e 2018, así como as dúas liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións agrarias de Galicia afectadas pola seca.

Síguenos nas redes sociais