Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Moisés Blanco asegura que a Xunta só autorizará a mina de Touro se cumpre con todas as garantías urbanísticas, medioambientais e técnicas

07 Feb 2018

Santiago, 6 de febreiro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco Paradelo pediu hoxe “tranquilidade” aos veciños de Touro e O Pino respecto do proxecto mineiro que afecta a estes concellos porque “o Goberno galego só o autorizará no caso de que cumpra con todas as garantías urbanísticas, medioambientais e técnicas requiridas, que son as propias dun estado comprometido co medio ambiente e o desenvolvemento sostible”.

 


 

Moisés Blanco indicou que o PPdeG “non está nin a favor nin en contra deste proxecto mineiro” e reiterou que “confiamos nos traballadores públicos, na súa independencia e profesionalidade á hora de emitir os seus informes para que cumpra escrupulosamente coa Lei de ordenación da minería de Galicia”.

 


A OPOSICIÓN SÓ FALA PARA DESPRESTIXIAR

 


Na súa intervención, o deputado popular acusou aos grupos da oposición de “falar do sector da minería só para desprestixialo, votando en contra de todos os proxectos e desprezando un sector moi importante para a economía e o emprego de Galicia, con máis de 5.000 postos de traballo directos e outros tantos indirectos”.

 


Blanco asegurou que “as augas soterradas da zona da mina de Touro carecen de contaminación, segundo o confirma o Laboratorio Tecnolóxico Ambiental da Universidade de Santiago que leva máis de 13 anos facendo un estudo destas augas e ten realizado máis de 500 piezómetros”.

Síguenos nas redes sociais