Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Tellado: “José Blanco pretende lavar a súa conciencia polo incremento de peaxes con mentiras e ataques”

29 Dec 2017

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, lamentou hoxe que José Blanco pretenda lavar con mentiras e ataques a súa mala conciencia pola suba de peaxes que endosou a Galicia na súa etapa como ministro de Fomento de José Luís Rodríguez Zapatero.

“Blanco volve a casa por Nadal e faino cunha comparecencia pública que lembra as vellas formas que empregaba cando era secretario de Organización do PSOE”, dixo Tellado: “descalificacións e falsidades”.

 

“Sería bo que o ex dirixente socialista comparecera non para atacar senón para desculparse por condenar a Galicia a esta nova suba nas peaxes da AP9”, apuntou. Ademais, lembrou que foi a man do ex ministro a que firmou o convenio coa concesionario que permitía o incremento das taxas a cambio das obras. “Puido pagar a ampliación de Rande con cargo aos seus orzamentos pero preferiu cargarllelo ao peto dos galegos”, engadiu.

 

“A peaxe sube por dous motivos: polo IPC e pola decisión de José Blanco, non hai máis. Así que cada céntimo de máis que imos pagar é culpa da inflación e do propio ex ministro”, dixo.

 

En todo caso, pouco esperábamos de José Blanco cando era ministro e menos aínda esperamos agora que incluso o seu partido mandouno todo o lonxe que puido. “Blanco apadriñou unha fórmula para o corredor do Morrazo que carecía de sentido común, e firmou uns acordos acerca do AVE galego que foron sistemáticamente incumpridos”, lembrou.

 

O caso da AP9 é especialmente sangrante porque pactou a suba horas antes dunhas eleccións a través dun decreto que se publicou no BOE días despois de perdelas.

 

Respecto as afirmacións que fixo sobre Alberto Núñez Feijóo e Mariano Rajoy, Tellado asegurou que Blanco ten moitos máis inimigos no PSOE que no PP. “Estaba moito máis acertado nas súas intrigas internas para poñer e quitar cargos do seu partido en Galicia e en España, que facendo declaracións públicas acerca de dirixentes da nosa formación política”, dixo.

 

“Si atacar a Rajoy é a súa forma de pedir perdón a Pedro Sánchez para que lle permita seguir tendo unha cadeira na que poder sentarse no futuro, benvidos sexan os seus disparates pronunciados hoxe”, ironizou.

 

Mentres Blanco comparecía hoxe, os traballos para completar a autovía do Morrazo seguían o seu curso por parte dunha Xunta que ten postos en servizo máis de 200km de vías de alta capacidade e libres de peaxe.

Síguenos nas redes sociais