Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG apoia instar a Ferroglobe a que potencie o ciclo de produción de silicio solar en todas as súas fases en Galicia

20 Dec 2017

Santiago, 20 de decembro de 2017.- O Grupo Popular apoiou este mércores no Parlamento unha iniciativa para instar á empresa Ferroglobe a que aposte por Galicia para potenciar o ciclo de produción de silicio solar en todas as súas fases.

 


“Estamos nun tempo no que a política debería favorecer a atracción de empresas, non o seu peche”, sinalou o viceportavoz Miguel Tellado. Neste sentido, lembroulle á oposición o seu voto en contra á Lei de Implantación de iniciativas empresariais aprobada recentemente no Parlamento, “un texto que servía tamén para evitar a deslocalización”.


 

DEFENSA DA CORUÑA E COSTA DA MORTE

 


Do mesmo xeito, Tellado sinalou que o PPdeG pensa que “ningún partido da oposición se ía atrever a volver a traer ningunha cuestión relacionada, nin sequera remotamente, con Ferroatlántica”, logo das “mentiras continuadas” que verteron durante meses acerca da solicitude de segregación das súas centrais na Costa da Morte.

 


Así, Tellado lembrou que a Xunta foi a primeira en defender ás comarcas da Coruña e da Costa da Morte e aos traballadores de Ferroatlántica tanto en Sabón como en Cee-Dumbría. Tamén puxo en valor que “a Xunta tomase a iniciativa en dar información de xeito puntual e veraz á opinión pública, á cidadanía, aos sindicatos e aos alcaldes; así coma en dicir que había que respectar

Síguenos nas redes sociais