Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Aprobados en Comisión os proxectos de lei de Orzamentos para 2018 e de acompañamento, paso previo ao seu debate definitivo no pleno

12 Dec 2017

Santiago, 12 de decembro de 2017.- A Comisión 3ª do Parlamento galego aprobou hoxe os ditames do proxecto de Lei de orzamentos xerais de Galicia para 2018 e do proxecto de Lei de acompañamento a estes orzamentos. Deste xeito, ambos textos quedan en disposición de ser debatidos en Pleno para a súa aprobación definitiva.

 


O ditame do proxecto de Lei de orzamentos da Xunta para 2018 incorpora finalmente as emendas acordadas entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista para incluír como créditos ampliables os fondos destinados a becas para estudantes e á reparación dos danos ocasionados polos incendios forestais, de xeito que se poidan atender todas as demandas que se presenten e cumpran os requisitos establecidos.

 


POLÍTICA FORESTAL CLARA E VALENTE

 


No caso do proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña aos orzamentos, o  Grupo Popular defendeu, e transaccionou cos grupos da oposición, unha serie de medidas que “deseñan unha política forestal clara e valente para afrontar o período de máximo risco de incendios do próximo ano”, manifestou a viceportavoz Paula Prado. “Creo que debemos felicitarnos porque fomos quen de consensuar cuestións fundamentais para o futuro forestal de Galicia”, engadiu.

 


Máis en concreto, Prado explicou que “co BNG compartimos fundamentalmente a modificación da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, que se prevé no artigo 15 desta Lei de Medidas, ao que o BNG ten presentado 15 emendas das que transaccionamos 13, é dicir, o 87 por cento”. A isto engádense os acordos cos outros grupos: das 10 emendas presentadas polo PSOE se transaccionaron 5 (o 50 por cento), e das 7 presentadas por En Marea se transaccionaron 6 (o 86 por cento).

Síguenos nas redes sociais