O PPdeG acusa á oposición de pretender que a Xunta incumpra a lei respecto do proxecto mineiro de Touro-O Pino

05 Dec 2017 Written by
Rate this item
(0 votes)

Santiago, 5 de decembro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco acusou hoxe no Parlamento aos grupos da oposición de pretender que a Xunta “incumpra a lei” aprobada en tempos do Goberno bipartito respecto do proxecto mineiro de Touro-O Pino, “rexeitando esta actuación sen nin sequera tramitala e avaliala”.

 


“Desde o Grupo Popular seguimos na mesma posición: respecto á lei, respecto aos procedementos administrativos, respecto á democracia, respecto aos traballadores e respecto aos funcionarios públicos que libremente fan o seu traballo con lealdade a todos os galegos”, reiterou Moisés Blanco.

 


NORMALIDADE PROCEDIMENTAL E TRANQUILIDADE

 


Neste sentido, o deputado popular dirixiuse aos veciños dos concellos de Touro e O Pino para “trasladarlles unha mensaxe de absoluta normalidade procedimental e tranquilidade, porque no PPdeG non nos posicionamos nin a favor nin en contra deste proxecto mineiro”.

 


“Que continúe a tramitación administrativa do proxecto, deixando claro que un proxecto mineiro só se autorizará cando quede garantido o cumprimento das normas urbanísticas, medioambientais e técnicas”, indicou.

 


Moisés Blanco negou que exista “deixadez nin mirar cara outro lado” con este proxecto mineiro, porque lembrou que “a propia Dirección Xeral solicitou 14 informes, que nestes días se seguen tramitando, a diferentes administracións e asociacións, entre os que están os propios concellos afectados”.

Read 32 times

Síguenos nas redes sociais