Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG defende no Parlamento que a Xunta respecte a decisión dos traballadores de Conservas Esteiro e realice as accións oportunas para evitar o peche da empresa

04 Dec 2017

Santiago, 4 de decembro de 2017.- O portavoz de Pesca do  Grupo Popular, Carlos López Crespo, defendeu hoxe no Parlamento que “a Xunta respecte a decisión maioritaria dos traballadores e das súas negociacións coa empresa e realice as accións oportunas para evitar o peche de Conservas Esteiro, polos dramáticos efectos que o peche tería sobre o emprego, a economía da comarca do Barbanza e o conxunto do sector conserveiro galego”.

 


Neste sentido, López Crespo demandou “o apoio a calquera iniciativa viable que implique unha saída empresarial para a planta conserveira, veña da man dunha nova empresa ou da propia acción dos traballadores”.

 


Na súa intervención no Pleno, o portavoz popular considerou “inevitable” o peche de Conservas Esteiro, pero lembrou que a maioría dos traballadores apoiaron un acordo “que consideran positivo para continuar co seu posto de traballo”.

 


Porén, Carlos López indicou que “pasouse dun problema laboral a un conflito social entre mulleres e homes que viven porta con porta”, polo que demandou “respectar as decisións maioritarias que adopten as traballadoras e seguir apoiando a posibilidade da permanencia da fábrica en Esteiro”.

Síguenos nas redes sociais