Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Carlos Gómez salienta a partida de 4,2 millóns de euros para os plans de regadío na Limia nos orzamentos da Xunta para 2018

23 Out 2017

Santiago, 20 de outubro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado amosou hoxe a súa satisfacción porque a Xunta de Galicia recolla nos seus orzamentos para 2018 unha partida de 4,2 millóns de euros para a posta en marcha dos plans de regadío na comarca da Limia.

 


Gómez Salgado sinala que “este investimento durante o vindeiro ano é a constatación do compromiso da Consellería de Medio Rural para a posta en marcha dos plans de regadío”.

 


COMITÉ DE SEGUIMENTO

 

Así mesmo, o deputado popular lembra que para a consecución deste fin creouse a finais do 2016 o Comité de seguimento dos regadíos da Limia, presidido polo director xeral de Desenvolvemento rural, que xa se ten reunido en máis de media ducia de ocasións. “Este organismo é unha garantía en si mesmo da consecución do obxectivo do plan de rega limiao”, apuntou.

 

A finalidade deste Comité de seguimento é poder controlar en primeira instancia as distintas actuacións a levar a cabo, así como ser vía para chegar a acordos entre todos os interesados: os Concellos afectados de Xinzo de Limia, Porqueira e Trasmiras; as comunidades de regantes; o corpo técnico da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural; e a Asociación de Gandeiros e Agricultores da Limia (ADEGAL).

 


No presente ano 2017 xa foron orzamentados máis de 1.500.000 euros para financiar a tramitación ambiental, análises e estudos previos para os anteproxectos e memorias técnicas, e a redacción definitiva dos proxectos de execución unha vez haxa declaración de impacto e informes e directrices finais da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, e de avaliación ambiental.

 


Neste intre están en marcha todas as actuacións previas necesarias para executar as obras de mellora e acondicionamento das comunidades de regantes da Limia.

 


O prazo para comezar as obras dependerá dos tempos de resolución da tramitación ambiental previa, e do resultado final desta coa declaración de impacto ambiental.

Síguenos nas redes sociais