Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Tellado: “Os Orzamentos, con menos impostos e débeda, e máis gasto social e investimento, insisten na receita do éxito económico dos últimos anos"

20 Out 2017

Santiago, 20 de outubro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou esta mañá o Proxecto de Lei de Orzamentos para o 2018 que aprobou onte no Consello da Xunta, asegurando que as Contas para o vindeiro ano perseveran na “receita do éxito económico dos últimos anos”. “Agora teremos que ver se a oposición quere perseverar tamén na receita do seu fracaso”, engadiu.

 

Tras subliñar que, grazas á estabilidade institucional, somos a única Comunidade que ten garantido aprobar os seus Orzamentos en tempo e forma, Tellado apuntou que desde o PPdeG “non podemos facer outra cousa que non sexa celebrar o feito de que Galicia disporá, por terceiro ano consecutivo, dunhas contas expansivas que permitirán máis gasto social, máis investimento produtivo, menos impostos e menos débeda”.

 

Así mesmo, o secretario xeral dos populares galegos afirmou que ao seu partido lle gustaría contar coa oposición para mellorar estes Orzamentos, “aínda que cremos que para facelo deberían dar un xiro radical ás ideas que teñen expresado nos últimos tempos”. E é que, segundo explicou, mentres a Xunta aposta por baixar impostos, a oposición quere subilos; cando o Goberno galego traballa por reducir o endebedamento, a oposición quere máis débeda; e cando a Administración autonómica opta por atraer empresas e crear emprego, a oposición pretende pechalas e, por tanto, destruír postos de traballo.

 

INCIDIR NA CALIDADE DE VIDA DOS GALEGOS
Máis polo miúdo, Tellado tamén remarcou que os Orzamentos de 2018 incidirán directamente na calidade de vida dos galegos, xa que un ano máis apostan moi decididamente pola creación de emprego, pola atracción de novas oportunidades para a nosa economía, e pola mellora dos nosos servizos públicos. En definitiva, “son unhas contas adaptadas á situación de económica actual e que buscan aproveitar a recuperación”.

 

Segundo indicou o número dous do PPdeG, estamos ante un documento ambicioso que busca dar continuidade a unha etapa na que contamos con máis recursos económicos e na que se abordarán cuestións que nos longos anos da crise non foron posibles. Neste sentido, Tellado destacou que a Xunta volve poñerse deberes moi significativos, ao esixirse a creación de 17.500 postos de traballo anuais ata acadar en 2020 unha taxa de paro de menos do 15%. “Entendemos que Galicia é capaz de cumprir con estes obxectivos, porque xa o leva facendo varios anos”, matizou.

 

Ademais, aseverou que as Contas para o próximo exercicio non pensan só no curto prazo, senón nos vindeiros anos. De feito, inclúen partidas moi significativas destinadas á preparación do Xacobeo 2021, que será un evento clave para Galicia; ou para o fomento do emprego de calidade e a implantación de novos proxectos empresariais.

Síguenos nas redes sociais