Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O GPP salienta que os usuarios das autoestradas AG-55 e AG-57 gozan dunhas das peaxes máis baratas de EspañaI polas bonificacións da Xunta

03 Out 2017

Santiago, 3 de outubro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira salientou hoxe no Parlamento que “as bonificacións implantadas polo Goberno galego nas autoestradas A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor permitan aos seus usuarios gozar dunhas das tarifas máis baixas de España”. “Este Goberno galego foi o primeiro e o único que aplicou bonificacións na peaxe aos usuarios destas dúas autoestradas, que permitiron aforros que superaron os 3,3 millóns de euros”.

 


Jacobo Moreira lembrou que o Goberno galego activou en 2010 as rebaixas nas peaxes das autoestradas A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor para os usuarios habituais, coas que posibilítase unha rebaixa para os días hábiles do 25 por cento no importe da viaxe de volta e do 50 por cento no segundo e posteriores viaxes de volta en ambas as dúas autoestradas, cando se empregue a telepeaxe.

 


SEGUIR NESTA LIÑA

 


“O Goberno galego aposta por seguir nesta liña e ten blindado a bonificación das peaxes das autoestradas autonómicas ata finais de 2019 coa achega doutros 1,5 millóns”, indicou o deputado popular. Ao mesmo tempo, o Goberno mantén neste 2017 as tarifas das autoestradas da súa titularidade na mesma contía que no ano 2013.

 


Jacobo Moreira asegurou que “esta situación garante que as autoestradas da Xunta sigan estando entre as máis baratas de España, con contías significativamente menores que a media”.

 


Respecto da proposta do BNG de rescatar a concesión destas dúas autoestradas, Moreira explicou que “suporía restar 223 millóns de euros dos orzamentos da Xunta, unha administración con competencias en sanidade, educación ou servizos sociais que considera servizos básicos e dereitos absolutamente prioritarios”.

Síguenos nas redes sociais