Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O GPP avoga por agardar aos estudios que se realizan en Europa e España para adoptar medidas sobre vontades dixitais

03 Out 2017

Santiago, 3 de outubro de 2017.- O portavoz de Novas Tecnoloxías do Grupo Popular, Moisés Blanco, avogou esta  mañá no Parlamento por “agardar ao que se recolla no regulamento europeo, o que se acorde no grupo de traballo constituído no Senado ou a futura Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal para adoptar na Comunidade galegas as decisións oportunas respecto da herdanza dixital e a regulación dun rexistro de vontades dixitais”.

 


Moisés Blanco afirmou “compartir a preocupación existente pola rexistro que deixa unha persoa cando falece nas redes sociais”, polo que considerou necesario que “exista unha normativa máis concreta e precisa sobre este aspecto”.

 


Porén, o portavoz popular considerou que “non é o momento oportuno para abordar unha modificación da Lei de dereito civil de Galicia, como propoñen os socialistas, xa que neste mesmo momento estase a estudar o asunto da herdanza dixital e o rexistro de vontades dixitais tanto a nivel europeo como nacional”.

 


ACTUACIÓNS EN EUROPA E ESPAÑA

 


En primeiro lugar, Moisés Blanco lembrou que a Unión Europea está elaborando un regulamento, que previsiblemente entrará en vigor no vindeiro mes de maio, sobre transparencia e open data, que “será un instrumento de directa aplicación á lexislación dos estados membros”.


 

Así mesmo, os grupos Popular, Socialista, Unidos Podemos e Vasco constituíron no Senado o pasado 28 de marzo un grupo de traballo sobre dereitos dixitais, que estudará todas as cuestións referidas á protección dos dereitos dos cidadáns e como consumidores de internet, adaptando os seus dereitos ao entorno dixital.

 


“Pero ademais, existe un anteproxecto de Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal que tamén recolle consideracións sobre a  herdanza dixital e o acceso a contidos de persoas falecidas nas redes sociais”, apuntou Moisés Blanco.

 


O portavoz popular sinalou que Cataluña foi a única comunidade autónoma española que aprobou unha lei de vontades dixitais, ante a que o Goberno central vén de aprobar no último Consello de Ministros a presentación dun recurso de inconstitucionalidade porque diversos artigos invaden competencias estatais.

Síguenos nas redes sociais