O GPP salienta que nunca antes os autónomos galegos tiveron un marco de apoio mellor

22 Set 2017 Written by
Rate this item
(0 votes)

Santiago, 22 de setembro de 2017.- A portavoz de Comercio do Grupo Popular, Cristina Romero, afirmou hoxe no Parlamento que “os traballadores autónomos galegos saben que nunca tiveron un marco de apoio mellor”, e apuntou que “hoxe temos menos autónomos que actúan como persoas físicas, que traballan sen asalariados ou que teñen máis de 55 anos”.


Cristina Romero asegurou que “os autónomos son a base do sistema produtivo galego, unha figura clave do noso tecido laboral e, polo tanto, unha prioridade para o actual Goberno galego”. “Por iso, a Xunta está a poñer ao seu alcance as maiores facilidades para que podan seguir emprendendo e crecendo, a mellor maneira de aumentar a súa cotización e polo tanto a súa futura xubilación”, manifestou.


En concreto, a portavoz popular referiuse á Estratexia Autónomo 2020, dotada con 160 millóns de euros nesta lexislatura e que pretende axudar e reforzar a 40.000 persoas deste colectivo de traballadores.


ATENDER DEMANDAS DO SECTOR

Respecto das pensións, Romero lembrou que se trata “dunha competencia estatal e a revisión do sistema público de pensións estase a levar a cabo na Comisión do Pacto de Toledo”.
Neste sentido, subliñou que “foi o Goberno do PP o que aprobou unha reforma das pensións que establece por lei que sempre se subirán e que non poderán ser conxeladas de xeito arbitrario, para que ningún goberno poida conxelar discrecionalmente as pensións como fixeron os socialistas en 2011”.Cristina Romero engadiu que o Goberno do PP “atendeu as demandas dos autónomos e está a dar facilidades para adecuar a súa cotización aos seus ingresos, petición que se está a abordar desde o Goberno central coa Lei de Medidas Urxentes”.


“Ademais, o Goberno galego está a axudar aos autónomos a consolidarse e medrar para que podan aumentar a súa cotización e polo tanto, poder mellorar a súa xubilación”, dixo a portavoz popular, quen apuntou que a Estratexia Autónomo

Read 176 times

Síguenos nas redes sociais