Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Miguel Tellado: “As fotos de deputados autonómicos con Otegui avergonzan á meirande parte dos galegos”

15 Set 2017

Santiago, 15 de setembro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, reprochoulle ao BNG e ás Mareas de Podemos que fosen a Cataluña “a facer turismo de independencia” asegurando que “as fotos de deputados autonómicos con Otegui avergonzan á meirande parte dos galegos”. “Mentiríamos se dixeramos que nos sorprende que ambos grupos se dediquen a facer turismo de independencia e a coller ideas dun proxecto que só busca romper a convivencia do noso país”, engadiu. 

Nese senso, Tellado celebrou que cada vez son excepcións menos numerosas as persoas que apoian ás Mareas de Podemos. “Canto máis os coñecen, menos os votan”, precisou antes de admitir que os populares se poden sentir orgullosos de “non ter ningunha dúbida que o noso lugar está xunto a Constitución e xunto os que defenden as leis e a democracia”.

 


O secretario xeral tamén afeou a actitude de desprezo de Luis Villares ante a Constitución e as resolución do Tribunal Constitucional. Por este motivo e “logo de ter que soportar moitos insultos e moitas declaracións moi graves deste señor”, Tellado preguntouse “se unha persoa tan sectaria coma Luis Villares, que se dedica a interpretar desde un escano as decisións que toma os tribunais, foi capaz tamén de intentar facer política cando se dedicaba á Xustiza”. De igual xeito, tamén cuestionou se logo de firmar sentenzas como xuíz do contencioso-administrativo ata uns días antes de lanzar a súa carreira política, empregou nestas sentencias algún tipo de sesgo político; e se, tras cuestionar manifestamente a legalidade vixente e animar a incumprila, está capacitado para volver a impartir xustiza desde unha posición de xuíz.

 


“En definitiva, cremos que foron os seus compañeiros de partido os que o inhabilitaron como candidato, e agora son as propias hemerotecas as que o inhabilitarán como xuíz”, sinalou Tellado ao tempo que afirmaba que Villares leva meses demostrando que é unha mala copia de Beiras, “que aínda despois de retirado segue instalado no insulto e dicindo barbaridades da que a máis suave é que "vivimos nun estado de excepción encuberto".

 


X CONGRESO AUTONÓMICO DE NOVAS XERACIÓNS
O número dous dos populares galegos estivo acompañado na súa intervención en rolda de prensa polo candidato ao X Congreso autonómico de Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo. Tellado apuntou que este conclave “será unha festa tanto para Novas Xeracións como para o Partido Popular de Galicia”, posto que coincidirá co aniversario da vitoria electoral das pasadas eleccións autonómicas.

 

 

O secretario xeral aproveitou para agradecer a valentía e disposición de Pardo “a poñerse a traballar neste relevo necesario”, manifestando que está convencido de que “xunto o seu equipo será capaz de darlle un novo impulso á nosa Organización xuvenil”.

 

 

“Somos unha xuventude que non se conforma, que quere buscar o mellor para a súa xeración e para a nosa terra, algo que faremos sempre dende o partido e coas ideas claras”, salientou pola súa parte o candidato á presidencia da organización xuvenil dos populares galegos.

 

 

“A miña intención inmediata é que Novas Xeracións centre os seus esforzos como formación en axudar e apoiar a todas aquelas locais de cara as eleccións municipais, e conseguir o noso obxectivo que non é outro que seguir sendo o partido que máis se parece a Galicia nos seus 313 concellos”, concluíu Adrián Pardo.

 

Síguenos nas redes sociais