O Parlamento aproba instar á Xunta a elaborar unha APP con acceso aos datos de vacinación dos nenos e adultos

14 Xul 2017 Written by
Rate this item
(0 votes)

Santiago, 14 de xullo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a elaborar unha app para dispositivos móbiles que facilite recordatorios e acceso aos datos de vacinación dos nenos e adultos. “É unha ferramenta fácil, accesible e gratuíta que vai servir para que sexan máis os que se vacinen, mellorando as coberturas da poboación”, sinalou a deputada Marta Rodríguez-Vispo.

Na súa intervención, a deputada fixo referencia á aplicación presentada na Semana Europea da Vacinación propia para os móbiles e tabletas e que lanza recordatorios das vacinacións infantís. Esta aplicación dispón dun código xenérico e un algoritmo que permiten a adaptación a diferentes idiomas e calendarios de vacinación.

 

CALENDARIOS E OUTROS SERVIZOS

“Esta aplicación inclúe os calendarios vacinais das comunidades autónomas, pero vai máis aló ao ofrecer unha guía sobre a necesidade de estar vacinados e un calendario para adultos con recomendacións para cada poboación de risco, así como noticias e consellos sobre vacinas actualizadas”, explicou a deputada popular.

 

Rodríguez-Vispo subliñou que “en Galicia xa temos experiencia das vantaxes da introdución das novas tecnoloxías na sanidade”, como a historia clínica electrónica, a receita electrónica ou a plataforma E-Saúde. Deste xeito, apuntou que, “con estas boas experiencias, pensamos que tamén nos programas de vacinación sería moi importante incorporar as novas tecnoloxías”.

Read 196 times

Leave a comment

Síguenos nas redes sociais