O Grupo Popular demanda medidas para mellorar as condicións laborais entre as empregadas do fogar

14 Xul 2017 Written by
Rate this item
(0 votes)

Santiago, 14 de xullo de 2017.- A portavoz de Igualdade do Grupo Popular, Marián García Míguez, demandou hoxe no Parlamento a posta en marcha de medidas e accións para mellorar as condicións laborais entre as empregadas do fogar en Galicia, nun marco de consenso co Consello Galego de Relacións Laborais.

Marián García afirmou que desde o PPdeG “queremos o mellor para os traballadores domésticos e o noso Estatuto dos Traballadores dota de garantías a todos eles”. Neste sentido, lembrou que “calquera convenio que se subscriba debe facerse sen menoscabar o dereito ao traballo e sen impactar negativamente no emprego”.

 

LOITA CONTRA O EMPREGO IRREGULAR

Na súa intervención, a deputada popular lembrou que en decembro de 2012 aprobouse un Real Decreto-Lei de mellora da xestión e a prestación social no sistema especial de empregados de fogar. Con esta nova norma, conqueriu simplificar e equilibrar as bases de cotización, mellorando substancialmente a integración e aumentando as cotas das prestacións; ao tempo que incentivaba a xeración da demanda e que sexan cada vez máis familias as que contraten a estes traballadores, con que se conseguiu pasar de 260.000 a 430.000 traballadoras no réxime.

 

García Míguez explicou que a Xunta “está a loitar contra o emprego irregular a través do Plan de inspección laboral, que vela polo cumprimento das condicións laborais dos traballadores galegos e polo emprego de calidade”. Así, lembrou que o pasado ano levou a cabo máis de 33.200 actuacións inspectoras específicas contra o emprego non declarado, das que un 6,3 por cento remataron cunha acta de infracción e afloraron 4.450 empregos mergullados.

Read 29 times

Leave a comment

Síguenos nas redes sociais