Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Daniel Vega sinala á Mariña Lucense como exemplo de xestión ordenada do eucalipto, con gran capacidade para a creación de emprego e riqueza

27 Xun 2017

Santiago, 27 de xuño de 2017.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega asegura hoxe que desde o PPdeG “avogamos por unha xestión ordenada do eucalipto, como se está a facer na Mariña lucense” e salientou a capacidade de creación de emprego e riqueza nesta comarca que ten esta especie arbórea.


No transcurso dunha visita ás instalacións de Madeiras Villapol, Daniel Vega criticou que os grupos de En Marea e BNG “estean a defender no Parlamento a erradicación de todo o eucalipto en Galicia, cando é patente, como se pode ver na Mariña, que non se trata dunha especie invasora e pódese traballar dun xeito ordenado para sacarlle o maior rendemento económico”.


FÓRA DAS ZONAS AGRÍCOLAS


“Nós rexeitamos que o eucalipto invada zonas agrícolas, tal e como xa está recollido na propia Lei de montes de Galicia”, concretou o deputado popular, quen apuntou que a proposta de directrices para a revisión do Plan Forestal de Galicia recolle a necesidade de aumentar a superficie arborada ocupada por coníferas, en particular piñeiro do país, e frondosas caducifolias como o castiñeiro, o carballo, a cerdeira, a nogueira, o freixo ou o bidueiro”.


Vega convidou aos representantes de En Marea-Podemos e do BNG na Mariña a “trasladar aos veciños desta bisbarra as propostas que defenden os seus compañeiros no Parlamento para erradicar todo o eucalipto, unha árbore que ten demostrado nesta zona as súas amplas aplicacións, durabilidade da madeira e innumerables usos”.

Síguenos nas redes sociais