Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular garante que o Servizo de Gardacostas da Xunta continuará totalmente garantido e cuberto

20 Xun 2017

Santiago, 20 de xuño de 2017.- O portavoz do Mar do Grupo Popular, Carlos López Crespo, garantiu hoxe que o Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia continuará totalmente garantido e cuberto, porque o contrato está operativo ata o vindeiro 31 de outubro e a Consellería xa está tramitando a nova contratación”


López Crespo acusou aos socialistas galegos de “mala intención e demagoxia porque parten dunha premisa falsa”, lembrando que a situación actual “é totalmente diferente á que nos deixaron cando gobernaban: cun contrato case caducado ante o que o Goberno do PPdeG conseguiu que os helicópteros de salvamento non pararan ao sacar un concurso en tempo récord e mellorando as prestacións do servizo”.


Neste sentido, sinalou que “a empresa que está agora é a mesma que contratou e coa que traballou o Goberno bipartito” e salientou que “o importante é que o servizo sexa operativo, eficiente e económico, porque a dirección e a operatividade baixo instrucións públicas está salvagardada”.

Síguenos nas redes sociais