Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Pedro Puy cualifica de "tolemia" a proposta dun cupo galego do BNG

20 Xun 2017

Santiago, 20 de xuño de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe de “tolemia” a proposta dun cupo galego por parte do BNG, xa que fixou en máis de 3.600 millóns de euros cada ano a diferenza entre o que Galicia recibe do Estado do que a Administración central recada na Comunidade galega, segundo os últimos datos do sistema de contas públicas territorializadas.


Ademais, Puy dixo que o saldo das balanzas fiscais para Galicia é do 6,8 por cento co PIB, o que supón máis de 1.300 euros per cápita; mentres que o índice de financiamento por habitante axustado, publicado recentemente por Fedea, sitúase en Galicia no 105,1 sobre unha media de 100 para o conxunto das comunidades autónomas.


EQUIDADE E SOLIDARIEDADE TERRITORIAL


“A Constitución Española garante a equidade e a solidariedade territorial, unha equidade conseguida despois dun logo proceso histórico no que Galicia non sempre saíu favorecida, xusto o que a xeneralización do cupo proposto polo BNG esnaquizaría”, indicou.


O portavoz popular afirmou que a Xunta “traballa permanentemente e con obxectivos claros” e lembrou que na última Conferencia de Presidentes celebrada en xaneiro acordouse a creación dunha Comisión de expertos para formular un novo modelo de financiamento autonómico que se fundamente nos principios de solidariedade, suficiencia, equidade, transparencia, corresponsabilidade fiscal e garantía de acceso dos cidadáns aos servizos públicos en función do custe efectivo dos mesmos.


Así mesmo, referiuse á proposición non de lei aprobada no Parlamento galego no mes de febreiro, consensuada polo Grupo Popular e o Grupo Socialista, pero co voto en contra de En Marea e BNG, que incluía 23 puntos sobre o financiamento autonómico, con criterios básicos para a equidade e solidariedade plena; instrumentos para mellorar a estabilidade; propostas para mellorar a autonomía fiscal; iniciativas para reforzar a coordinación e a lealdade institucional; e condicións para garantir a sustentabilidade do sistema.

Síguenos nas redes sociais