O Grupo Popular avoga polo "rigor e prudencia" á hora de abordar unha normativa sobre os lobbies en Galicia

19 Xun 2017 Written by
Rate this item
(0 votes)

Santiago, 16 de xuño de 2017.- A deputada do Grupo Popular Isabel Novo Fariña avogou hoxe no Parlamento galego polo “rigor e a prudencia” á hora de abordar unha normativa sobre os lobbies en Galicia, polo que sinalou que “estamos abertos a avanzar neste asunto, pero non con frivolidades e eslóganes como os que trae En Marea”.


Isabel Novo concretou que “haberá que estudar con calma se para abordar o tema dos lobbies é mellor unha reforma do regulamento do Parlamento, unha reforma da Lei de Transparencia ou unha lei específica como a que pide En Marea”.


REXISTRO PÚBLICO E OBRIGATORIO


Neste sentido, lembrou que o Congreso dos Deputados iniciou os trámites para regular os lobbies a raíz dunha proposición de lei presentada polo Grupo Popular que incorpora unha reforma do Regulamento para a creación dun rexistro público e obrigatorio que inclúa un código de conduta.


“Esta proposición supón un importante salto en materia de transparencia e é curioso que a votación contou cun total apoio dos grupos parlamentarios, agás o de Podemos-En Marea”, subliñou Novo Fariña.


Deste xeito, a deputada popular sinalou que “haberá que ver como evoluciona esta proposición de lei no Congreso e nas comunidades autónomas nas que se está intentando poñer en marcha esta regulación para levar adiante en Galicia unha iniciativa rigorosa á que o Grupo Popular está totalmente aberto”.

Read 138 times

Síguenos nas redes sociais