O Grupo Popular defende que a Xunta teña rematado en 2018 as obras do novo xulgado de Tui

19 Xun 2017 Written by
Rate this item
(0 votes)

Santiago, 16 de xuño de 2017.- O Grupo Popular defendeu esta mañá no Parlamento que a Xunta de Galicia teña rematado en 2018 as obras para a conversión do antigo centro de saúde de Tui no novo edificio xudicial que albergue os tres xulgados desta vila pontevedresa.


O deputado Jacobo Moreira lembrou que, logo de que se rexeitara a construción do novo edificio xudicial nun solar cedido polo Concello, dada a súa insuficiente capacidade construtiva recollida na normativa urbanística, “optouse pola rehabilitación do antigo centro de saúde”.


2,2 MILLÓNS ORZAMENTADOS


Na súa intervención, Jacobo Moreira concretou que o orzamento da Xunta para o presente ano xa recolle unha partida de 700.000 euros para 2017 e outros 1,5 millóns de euros para 2018 destinados ao acondicionamento do antigo centro de saúde para o seu uso como sede xudicial con capacidade para albergar os tres xulgados existentes.


“Adxudicada xa a elaboración da auditoría enerxética e a redacción do proxecto básico e de execución, a Xunta de Galicia está en condicións de licitar a obra cunha previsión de remate a finais do vindeiro 2018”, avanzou o deputado popular.

Read 12 times

Leave a comment

Síguenos nas redes sociais