Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Raquel Arias:"a preocupación pola situación dos refuxiados é un sentimento compartido por todos"

07 Xun 2017

Santiago, 7 de xuño de 2017.- A deputada popular Raquel Arias asegurou que a preocupación pola situación na que se atopan os refuxiados, que cualificou como un dos maiores problemas que ten Europa, “é un sentimento compartido por todos”, como así se puxo de manifesto xa o pasado mes de abril nunha declaración institucional realizada a este respecto polo Parlamento de Galicia. Neste sentido, lamentou que En Marea rexeitara que o Grupo Popular apoiara a súa iniciativa, xa que negouse a que fora votada por puntos unha vez se aceptou unha emenda do Grupo Socialista.


Un sentimento e solidariedade xeral que, segundo lembrou, tamén se evidenciou na Conferencia de Presidentes das Comunidades Autónomas de comezos de ano da que xurdiu o Plan coordinado de axuda de emerxencia que está en marcha.


SEN DISTINCIÓNS


“Iso si, o Partido Popular non fai distinción sobre o país de orixe ou de residencia dos refuxiados afectados”, puntualizou a deputada popular. E isto é así porque “para nós as emerxencias sociais non teñen ideoloxía” e é “responsabilidade dos políticos intentar evitalas ou minimizalas”.


Tras recoñecer que os acordos de acollemento de refuxiados pactado por España coa Unión Europea van con retraso, Arias puntualizou que “este é un problema que afecta ó conxunto dos países da eurozona e que non se debe a unha falta de vontade ou compromiso, senón a impedimentos obxectivos derivados da necesidade de asegurar que o proceso sexa garantista”.


131 SOLICITANTES


Raquel Arias explicou que en Galicia hai neste momento 131 persoas dunha vintena de nacionalidades distintas (aínda que cuantitativamente os máis numerosos son de procedencia siria) solicitantes de asilo que participan no programa de reubicación e reasentamento, que xestiona o Goberno de España xunto con Cruz Roja e Accem, e co que a Xunta colabora.
A este respecto puxo en valor os recursos que Galicia pon á súa disposición nesta primeira fase de acollida, tales como as residenciais facilitadas polo IGVS; a escolarización dos menores; o acceso ás prestacións sanitarias e aos servizos sociais nas localidades de residencia.


Salientou igualmente que o Goberno galego prevé na segunda fase de integración, ademais de poñer a súa disposición os mesmos recursos con que contan os galegos, darlles acceso ás achegas para a inclusión e integración da poboación inmigrante que xestiona a Consellería de  Política Social e que nesta convocatoria supera os 1,6 millóns de euros de orzamento.

Síguenos nas redes sociais