O Parlamento aproba solicitar ao Goberno central a creación dun fondo forestal nacional

02 Xun 2017 Written by
Rate this item
(0 votes)

Santiago, 2 de xuño de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancia do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno central a creación dun fondo forestal nacional, co obxectivo de compensar aos titulares de montes que cunha xestión sostible xeran servizos medioambientais e fomentar a ampliación destes espazos ben por reforestación ou por  implantación de xestión forestal sostible.


O deputado popular Silvestre José Balseiros apuntou que a proposición non de lei incorpora a necesidade de regular o funcionamento deste fondo forestal nacional, garantindo a participación das comunidades autónomas e establecendo a orixe das contribucións a este fondo forestal nacional.


SELVICULTURA PREVENTIVA


Balseiros indicou que “unha decidida actuación en selvicultura preventiva non só xeraría emprego de maneira inmediata senón que evitará que moitos incendios se produciran, coa diminución dos custes de extinción que iso conleva para as distintas administracións”.


Así mesmo, referiuse á “escasa rendibilidade económica que en moitas ocasións a actividade forestal ten para os propietarios, que ademais e diante da insuficiencia de axudas públicas, asume os custes dos múltiples beneficios que os bosques proporcionan á sociedade”. “En moitos casos, especialmente na Comunidade galega, os custos de xestión selvícola das superficies forestais fan economicamente inviable facer inversións destinadas ó aproveitamento dos montes”, indicou.


Silvestre José Balseiros apuntou que a Comisión de Agricultura do Congreso dos Deputados xa aprobou no mes de marzo unha proposición instando ao Goberno neste mesmo sentido, ao que se sumou a recente solicitude do Ministerio de Agricutura para que se incluíse a creación do fondo forestal nacional na futura Lei estatal do cambio climático.

Read 278 times

Leave a comment

Síguenos nas redes sociais