Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento insta á Xunta a continuar coa elaboración periódica de información socioeconómica do sector pesqueiro

02 Mai 2017

Santiago, 28 de abril de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a continuar coa elaboración periódica de información socioeconómica do sector pesqueiro, concretamente das táboas Input-Output da pesca galega e das enquisas Ocupesca, ferramentas sumamente válidas de cara a achegalas aos marcos decisorios europeos e estatal e que permitan tomar decisións máis xustas e equilibradas en materia de política pesqueira.


O portavoz do Mar, Carlos López Crespo, lembrou que a Consellería do Mar asinou no ano 2011 un acordo de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela para coñecer a importancia e a realidade do sector pesqueiro galego, a súa dimensión e a súa relación con outros sectores da economía.


RELACIÓNS INTERINDUSTRIAIS


Este coñecemento vén derivado da elaboración das táboas Input-Output, que supoñen unha importante fonte de información, xunto tamén á enquisa Ocupesca, que permite concretar mediante cifras exactas a importancia socioeconómica da pesca e da acuicultura.


“Estas táboas consisten na elaboración dun documento que recolla as relacións interindustriais que xera a actividade pesqueira e proporciona unha descrición do seu proceso produtivo, partindo da definición conceptual de pesca galega como complexo industrial que integra a pesca extractiva, o marisqueo, a acuicultura mariña, a conserva e os novos transformados así como o sector comercializador pesqueiro”, explicou o portavoz popular.


Neste sentido, López Crespo lembrou que “a Xunta xa empregara este instrumento estatístico nos anos 1995 e 1999 pero, debido aos importantes cambios cualitativos e cuantitativos que experimentou a nosa comunidade nos últimos anos, desde o Grupo Popular consideramos necesario actualizar esta ferramenta dun xeito periódico”.

Síguenos nas redes sociais