O PPdeG salienta as potencialidade de crecemento da denominación de orixe Arzúa-Ulloa fóra de Galicia

30 Mar 2017 Written by
Rate this item
(0 votes)

Santiago, 30 de marzo de 2017.- Os deputado do Grupo Popular Paula Prado e José González mantiveron unha xuntanza en Melide cos responsables do Consello Regulador da denominación de orixe de Arzúa-Ulloa e salientaron as potencialidades de crecemento deste queixo fóra de Galicia.


Paula Prado e José González reuníronse con responsables do Consello Regulador desta denominación de orixe, encabezados polo seu presidente Xosé Luís Carreira Valín.
Na actualidade, esta denominación de orixe está integrada por 21 queixerías, cunha produción de queixo anual próxima aos 3,5 millóns de quilogramos e unha facturación superior aos 21 millóns de euros.


AUMENTAR A VENTA EXTERIOR


José González salientou que esta denominación de orixe sexa a novena en facturación a nivel nacional, pero ocupa o segundo lugar dentro do sector de queixos, só superada polo queixo manchego. Porén, sinalou que “practicamente toda a súa venda céntrase en territorio galego, polo que coincidimos cos representantes do Consello Regulador na necesidade de que este produto abra novos mercados tanto a nivel nacional como internacional”.


Así mesmo, os responsables do Consello Regulador trasladaron aos deputados populares a necesidade dunha nova sede para a denominación de orixe Arzúa-Ulloa. Neste punto, avanzaron contactos tanto coa Consellería do Medio Rural como co Concello de Melide, así como a disposición de axudas a través da Axencia de Desenvolvemento Rural (Agader) e dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR).


PERCORRIDO POLAS DENOMINACIÓNS DE ORIXE E IXP


Esta visita enmárcase na rolda de contactos que o portavoz do Medio Rural está a realizar por todas as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas co fin de coñecer as súas demandas, así como amosarlles o apoio do Grupo Popular polo importante papel que xogan na comercialización e promoción dos produtos galegos de calidade.


O Grupo Popular continúa nesta lexislatura coa súa aposta decidida por un sector agroalimentario galego de calidade como base para o desenvolvemento do rural. Nesta liña, considérase esencial o apoio ás variedades e razas autóctonas da agricultura e gandería galegas, así como ás organizacións que garanten a calidade dos produtos galegos.

Read 431 times Last modified on Xoves, 30 Marzo 2017 11:09

Leave a comment

Síguenos nas redes sociais