O GPP rexistra a súa proposta de plan de traballo da Comisión de investigación das caixas galegas coa solicitude de 10 novos documentos

17 Mar 2017 Written by
Rate this item
(0 votes)

Santiago, 17 de marzo de 2017.- O Grupo Popular rexistrou esta tarde a súa proposta de Plan de Traballo para a Comisión de investigación das antigas caixas galegas, co obxectivo de rematar os traballos realizados durante a pasada IX lexislatura. Ademais de solicitar á Administración do Parlamento galego a posta a disposición dos membros da Comisión de toda a documentación reunida e as transcricións literais das 46 comparecencias realizadas na anterior lexislatura, o  Grupo Popular solicita a incorporación de 10 documentos novos co obxectivo de proceder á elaboración da proposta de ditame da ponencia.

A proposta de plan de traballo do Grupo Popular leva como anexo un listado de 200 folios con toda a documentación existente na Comisión de Investigación da pasada lexislatura, procedente principalmente da Xunta de Galicia, e que se considera necesario poñer de novo a disposición dos membros da Comisión para a elaboración do ditame.

 

Ademais, solicítase a incorporación á Comisión de Investigación de nova información relacionada coas antigas caixas galegas e cos seus dirixentes xurdida nos últimos meses, co obxectivo de complementar os documentos xa existentes a disposición de todos os membros da Comisión de Investigación na pasada lexislatura.

 

Esta nova información demandada refírese a 10 documentos en concreto:

 

-    Copias das sentenzas 00040/2015 da Audiencia Nacional e 3975/2016 do Tribunal Supremo sobre a causa seguida contra os ex directivos de NovaCaixaGalicia polas indemnizacións recibidas.

 

-    Informe de fiscalización do proceso de reestruturación bancaria, exercicios 2009 a 2015” elaborado polo Tribunal de Cuentas.

 

-    Acordo da Comisión Rectora del Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria, de 30 de xullo de 2012, polo que se detallan os criterios e condicións ás que se axustará a súa actuación nos procesos de reforzamento dos recursos propios de entidades de crédito no ámbito da asistencia financeira europea para a recapitalización.

 

-    Plan de Resolución de NCG Banco, S.A., aprobado o 28 de novembro de 2012 pola Comisión Europea. (State aid n° SA.33734 (2012/N) – Spain Restructuring of NCG).

 

-    Resolución de 7 de xuño de 2013, da Comisión Rectora del Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria, pola que se acorda implementar accións de xestión de instrumentos híbridos de capital e débeda subordinada en execución do Plan de Resolución de NCG Banco SA, aprobado o 27 de novembro de 2012 polo FROB e o Banco de España e o 28 de novembro de 2012 pola Comisión Europea.

 

-        Modificación do Plan de Resolución (State aid n° SA. 38143 (2014/N) – Spain Restructuring of NCG through its acquisition by the Banesco Group)

 

-        Resolución de 23 de xuño de 2014, da Comisión Rectora del Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria, pola que se acorda a transmisión de seiscentos tres millóns seiscentas setenta e unha mil cento sesenta accións (603.671.160 millóns) de NCG Banco SA, titularidade del Fondo de Garantía de Depósitos.

 

-        Informe do FROB sobre o procedemento de venta de NCG Banco, S.A.

 

-        Solicitar á Xunta de Galicia un Informe co balance dos procedementos de arbitraxe levados a cabo polo Instituto Galego de Consumo en relación cos e coas titulares das participacións preferentes das antigas Caixas de Aforros Galegas.

 

-        Solicitar á entidade ABANCA informe sobre a situación a día de hoxe en relación cos e coas titulares das participacións preferentes das antigas Caixas de Aforros Galegas.

 

Unha vez aprobado o Plan de Traballo, o Grupo Popular propón que se inicien os traballos de elaboración da proposta de ditame en ponencia.

 

Porén, considera que, a iniciativa dun grupo parlamentario e se fose necesario para elaborar a proposta de ditame, a Comisión de Investigación decidirá se solicita novos informes, documentos ou aclaracións referidos ao obxecto desta Comisión.

Read 169 times

Leave a comment

Síguenos nas redes sociais