Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O GPP defenderá no pleno a continuidade da construción da autovía da Costa da Morte e a elaboración dun informe bianual sobre o sector pesqueiro

28 Feb 2017

Santiago, 28 de febreiro de 2017.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana a continuidade na construción da autovía da Costa da Morte e a elaboración dun informe bianual coas inquedanzas, os problemas e os obxectivos do sector pesqueiro galego. Na mesma sesión  plenaria tamén se debarerá a proposición de lei, asinada por todos os grupos parlamentarios, para presentar perante o Congreso dos Deputados solicitando a transferencia da titularidade e as competencias da AP-9 á Comunidade galega.

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, lembrou que a proposición de lei solicitando o traspaso da AP-9 á Comunidade galega está asinada polos catro grupos parlamentarios e busca “superar o obstáculo técnico e formal que puxo o Congreso co texto remitido na pasada lexislatura” para tramitar esta demanda, ao incluír a anterior proposición unha carga financeira para o Estado.

 

RESPALDO DO PARLAMENTO

 

“Apoiaremos de xeito  unánime esta proposición de lei”, porque “a nosa postura é que se debe materializar o traspaso da AP-9”, manifestou o portavoz popular, quen apuntou que deste xeito “quen defende esta posición vai ter o respaldo do Parlamento de Galicia de xeito unánime e iso ten valor político”.

 

A orde do día da sesión plenaria da vindeira semana incorpora, ademais, dúas proposicións non de lei do Grupo Popular. A primeira delas ten como obxectivo que a Xunta de Galicia, unha vez se puxeron en servizo o pasado ano 27 quilómetros libres de peaxe entre Carballo e Baio, continúe coa construción da autovía da Costa da Morte no treito que conecta Baio e a AC-432 en dirección a Camariñas.

 

AUTOVÍA COSTA DA MORTE E SECTOR PESQUEIRO

 

En concreto, a proposición de lei solicita que a Xunta avance neste ano 2017 nos trámites necesarios para a redacción do proxecto construtivo deste tramo da autovía da Costa da Morte, dispoñendo as anualidades necesarias nos orzamentos para que esta infraestrutura sexa unha realidade na presente lexislatura.

 

A segunda proposición non de lei que defenderá o Grupo Popular pretende que a Xunta elabore, en colaboración co Consello Galego de Pesca, un informe bianual no que se plasmen as inquedanzas e problemas do sector pesqueiro galego, así como os obxectivos e liñas de actuación a curto, medio e longo prazo, co obxectivo de mellorar a súa competitividade e sostenibilidade.

 

Por último, o Grupo Popular cuestionará ao Goberno galego sobre a actividade de transplantes sanitarios en Galicia durante 2016, o proceso de ampliación do Hospital de Montecelo en Pontevedra e a situación na que se atopa a estación intermodal de Vigo.

Síguenos nas redes sociais