Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG critica que a oposición pretenda "fuxir do consenso acadado no pasado pleno en relación coa violencia de xénero"

09 Feb 2017

Santiago, 7 de febreiro de 2017.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández, criticou hoxe á oposición de pretender “fuxir do consenso acadado no pasado Pleno do 25 de xaneiro sobre a política do Goberno galego en relación coa violencia de xénero en persoas menores de idade”. Neste sentido, lamentou o “apetito insaciable de confrontación por parte dalgúns grupos políticos convertendo en motivo de liorta aquilo que nos une e no que precisamente deberíamos dar exemplo enviando á sociedade unha mensaxe clara de unión”.

César Fernández lembrou que o acordo acadado na pasada sesión plenaria en relación coa violencia de xénero incorporaba promover un Pacto galego contra a violencia de xénero; desenvolver durante o presente ano as medidas de coeducación previstas no primeiro plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos de Galicia; poñer en marcha campañas de información e sensibilización dirixidas á poboación en xeral, e específicas para a mocidade nos centros escolares, culturais ou deportivos; e formación en prevención e tratamento integral da violencia de xénero para a totalidade das e dos profesionais, obviamente incluídos os profesionais do ámbito educativo.

 

“Pretenden agora poñer o seu foco no ámbito educativo, esquecendo interesadamente que a prevención da violencia machista precisa dun enfoque integral onde, sen dúbida, o sistema educativo xoga un papel importante, pero non o único”, concretou o portavoz popular.

 

CONTIDO TRANSVERSAL

 

Neste sentido, Fernández subliñou a importancia de “dar un enfoque integral para loitar contra esta lacra”, polo que indicou que “a  igualdade de xénero no sistema educativo galego é un contido transversal”. En concreto, fixo referencia ao I Plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020 posto en marcha pola Consellería de Sanidade, en colaboración coa Vicepresidencia da Xunta e a Secretaría Xeral de Igualdade.

 

Este plan ten catro principios fundamentais: introducir a igualdade de xénero como un elemento transversal e sempre presente na actividade educativa; construír unha sociedade igualitaria empregando a educación como medio; buscar o obxectivo violencia cero nas aulas e na sociedade; e educar na integración plena de todas as persoas, por riba da súa opción afectiva ou sexual.

 

MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN

 

Así mesmo, o portavoz popular lembrou que durante o presente curso estase a impartir en 1ª e 2ª de ESO unha nova materia de libre configuración autonómica: Igualdade de xénero. “Consideramos un importante avance a implementación desta materia que neste momento só existe en dúas comunidades autónomas de toda España”, engadiu.

 

César Fernández tamén subliñou a Estratexia galega de convivencia escolar 2015-2020, que inclúe ferramentas concretas como os plans proxecta de innovación educativa ou o protocolo educativo para garantir a gualdade, a non discriminación e a liberdade e identidade de xénero; ademais da futura implantación dun ciclo formativo de grao superior para incluír a perspectiva de xénero na Formación profesional, e dos cursos de formación do profesorado, nos que se aumentarán os contidos relacionados coa igualdade no ámbito educativo.

Síguenos nas redes sociais