Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O GPP avoga porque os produtores do leite teñan unhas estruturas amplas e operativas para negociar en conxunto e ter maior forza

09 Feb 2017

Santiago, 7 de febreiro de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González, avogou hoxe porque os produtores de leite “teñan unhas estruturas asociativas amplas e operativas, que sexan quen de desenvolver a súa función negociadora de todo o leite producido polos seus socios e posicionarse cunha maior forza fronte aos primeiros compradores”.

José González incidiu en que “o sector lácteo segue a ser o motor da agricultura e a gandería galega e, a pesar da situación dos últimos anos, ten inquedanza en mellorar as súas estruturas produtivas para organizarse, agruparse e ser cada día máis competitivos”. Neste sentido, dirixiuse aos grupos da oposición para sinalar que “no apoio ao sector sempre nos van a encontrar, pero non para que votemos mocións ou propostas que non favorecen aos nosos gandeiros e que o único que buscan é facer propaganda, propoñer medidas que saben que non se poden implantar ou buscar os titulares fáciles sen facer plantexamentos destinados a solucionar os problemas do sector”.

 

“O Grupo Popular defende un rural no que exista unha produción agrogandeira de calidade, con prezos que permitan que o valor engadido chegue a todos os que forman parte da cadea de produción”, afirmou o portavoz popular, quen engadiu “o importante é o valor engadido e a rendibilidade das explotacións”.

 

SEN POSICIÓNS INTERVENCIONISTAS

 

Na súa intervención, González manifestou que “temos que afrontar a problemática da rendibilidade sen adoptar posicións intervencionistas que non casan coa normativa europea e que non poden ser adoptadas por ningún dos países do noso entorno”.

 

Respecto do prezo do leite, o portavoz popular explicou que “está condicionado pola volatilidade dos mercados e moi influído por diversos factores do mercado internacional”. “No caso concreto de Galicia, cómpre ter en conta tamén as especiais condicións do noso territorio, cunha distribución moi dispersa das explotacións, que dificulta e encarece a recollida do leite”, engadiu.

 

“O Goberno galego non pode impoñer o prezo do leite, ten que manter unha postura neutral, tal como lle advertiron as autoridades da Competencia a nivel europeo”, lembrou.

Síguenos nas redes sociais