Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento aproba, logo dunha transacción entre o PPdeG e o PSdeG-PSOE, fixar os principios que guíen a Galicia na negociación do novo financiamento autonómico

07 Feb 2017

Santiago, 7 de febreiro de 2017.- O Grupo Popular apoiou a aprobación hoxe no Parlamento, logo dunha transacción levada a cabo co Grupo Socialista, dunha moción a través da que se fixan os principios que deben guiar a Galicia na negociación do sistema autonómico en ámbitos como a equidade e a solidariedade plena do sistema, a estabilidade na prestación de servizos, a autonomía financeira, a lealdade institucional e a coordinación coa Administración central, e a sostibilidade dos servizos públicos.

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, considerou “bo que haxa consenso” nos principios que guiarán a reforma do financiamento autonómico, “un tema fundamental para a sostibilidade do estado de benestar e do estado das autonomías”.

 

GALICIA SAÍU MOI BEN PARADA

 

Neste sentido, destacou o acordo adoptado na Conferencia de Presidentes celebrada o pasado mes de xaneiro, “na que Galicia saíu moi ben parada e onde o Presidente da Xunta apoiou algo que é bo para Galicia pero tamén para o conxunto do Estado”.

 

Pedro Puy considerou prioritario chegar a un acordo ao respecto dos principios que Galicia defenderá na reforma do sistema de financiamento autonómico, un acordo que se vén engadir ao da designación da persoa que representará a Galicia, a proposta da Xunta, na comisión de expertos que se acordou constituír na última Conferencia de Presidentes.

Síguenos nas redes sociais