Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O GPP valora positivamente que Santiago Lago sexa a persoa que represente a Galicia no debate do novo modelo de financiamento

27 Xan 2017

Santiago, 27 de xaneiro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, valorou hoxe positivamente que a Xunta de Galicia confíe no experto en financiamento autonómico Santiago Lago como a persoa que represente a Galicia no debate do novo modelo de financiamento.

Tras as consultas realizadas polo conselleiro co portavoz do Grupo Popular, este tamén valorou positivamente os cambios que se están a producir na reforma do financiamento autonómico. Primeiro, se realizará un traballo técnico por expertos, e despois haberá unha negociación multilateral no Consello de Política Fiscal e Financeira que establecerá o novo sistema, procurando o máximo consenso.

 

COÑECEDOR DAS NECESIDADES DE GALICIA

 

O  Grupo Popular salienta que Santiago Lago, que é catedrático de Facenda Pública no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, e está considerado como un dos expertos universitarios en cuestións de financiamento autonómico e federalismo fiscal con recoñecemento en España e a nivel internacional e é bo coñecedor das necesidades de Galicia, é a persoa adecuada para representar á Comunidade Autónoma de Galicia na Comisión de expertos que analizará as propostas de reforma do novo sistema.

Síguenos nas redes sociais