Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento aproba impulsar a comunicación enre Atención Primaria e Hospitalaria a través da e-consulta e consulta telefónica

17 Xan 2017

Santiago,  17 de xaneiro de 2017.- O Parlamento aprobou hoxe na transcurso da Comisión de Sanidade a iniciativa do PPdeG encamiñada a impulsar a comunicación entre Atención Primaria e Atención Hospitalaria a través da e-consulta e a consulta telefónica, para axilizar os tempos de resposta e potenciar a continuidade asistencial, así como mellorar a conciliación familiar e laboral dos pacientes.

A deputada popular Encarna Amigo defendeu na súa intervención o aproveitamento das novas tecnoloxías da información no ámbito da asistencia sanitaria. Así resaltou que a Consulta Telefónica, implantada desde o ano 2014, ten incrementado o seu número de xeito sostido ano tras ano, cun total acumulado de preto de 5,4 millóns de consultas, das que o 99,8% puidéronse resolver sen necesidade de desprazamento do paciente.

 

“O Sergas está moi comprometido no desenvolvemento de diferentes estratexias no ámbito da atención non presencial debido, en gran medida , a dispersión xeográfica e a poboación envellecida, entre outros factores” indicou a deputada popular. Encarna Amigo destacou como un dos proxectos máis relevantes a e-Interconsulta que posibilita dispor dunha “canle bidireccional entre os profesionais de atención primaria e atención hospitalaria que mellora a capacidade de resolución do médico de atención primaria, reduce as esperas e evita desprazamentos dos pacientes”.

 

A actividade de e-Interconsulta tamén se  incrementou de xeito sostido, un 46,7% ao respecto do ano 2014, e o 80% de médicos manifestaron estar satisfeitos, “mellorando a eficacia e eficiencia da atención sanitaria” indicou Encarna amigo.

 

A deputada popular xustificou deste xeito a necesidade de impulsar esta comunicación para axilizar os tempos de resposta, a continuidade asistencial, traballando sempre co cidadáns como eixe central do sistema

Síguenos nas redes sociais