Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Miguel Tellado cualifica a proposta de emendas da oposición de "irreal, irresponsable e inaceptable"

16 Xan 2017

Santiago, 16 de xaneiro de 2017.- O viceportavoz do grupo popular, Miguel Tellado, cualificou este luns a proposta de emendas transversais dos orzamentos da Xunta por parte da oposición de “irreal, irresponsable e, por conseguinte, inaceptable”. Tellado argumentou que o resto de grupos basean os seus cálculos en “ingresos inflados, como facía o bipartito” e reprochoulles que lle pidan ao goberno “desandar un camiño que os galegos refrendaron maioritariamente nas urnas” e “reverter a mellora da economía e os servizos públicos”.

 

No mesmo sentido, o viceportavoz popular instou á oposición a que lle explique aos cidadáns a suba impositiva que  propoñen, que nalgún dos casos supera o total de 200 millóns de euros. “Díganlles tamén que propoñen aumentar a débeda pública, non só para afogar á súa xeración, senón tamén ás seguintes” insistiu.

 

RETIRADA DE ORZAMENTOS

 

Tellado sinalou algunhas cuestións puntuais das emendas presentadas por cada unha dos grupos. Así, afeoulle a En Marea que cualificase os orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Vivenda de “insuficiente”, e nas emendas transversais lle retire a esta carteira 11 millóns de euros. “É moi coherente coa súa postura de non facer nada na materia. Na Consellería aínda están agardando que se adhiran ao Programa de Vivendas Baleiras na Xunta alá onde gobernan”, subliñou.

 

De xeito análogo, apuntou que os socialistas fan idéntica proposta coa Consellería de Medio Rural, á que piden retirarlle 29 millóns de euros.  

 

Nun sentido similar, Miguel Tellado apuntou que o BNG propón “recortes salvaxes” en materia de sanidade, en partidas como as referidas á construción de centros de saúde e hospitais ou a equipos informáticos. “Explíquenlles aos veciños dos concellos nos que están comprometidas estas infraestruturas que non son prioritarias”, destacou, para concluír que “vostedes non queren que funcione a historia clínica electrónica ou a telemedicina, tan importante para moitos cidadáns”.

Síguenos nas redes sociais