Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O GPP asegura que a lexislación non impide celebrar concertos con centros educativos que diferencien por sexos

27 Dec 2016

Santiago, 27 de decembro de 2016.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, asegurou hoxe no Parlamento que “no momento actual non existe impedimento legal de celebrar concertos con centros con opción educativa diferenciada por sexos”. “O sistema educativo deseñado pola Constitución aséntase sobre os principios de programación e participación, que, debidamente conxugados, son os que permiten garantir o equilibrio entre o dereito á educación, a liberdade de ensino e o dereito a escoller centro dentro da oferta de postos escolares gratuítos”, apuntou.


César Fernández lembrou que “tanto a lexislación educativa vixente como sentenzas sobre educación diferenciada avalan a posibilidade de concertar aos centros de educación diferenciada por sexo”. En concreto, puxo en valor o Plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020, que consta de 28 obxectivos e 87 medidas e réxese por catro principios fundamentais: introducir a igualdade de xénero como un elemento transversal e sempre presente na actividade educativa; construír unha sociedade igualitaria empregando a educación como medio; buscar o obxectivo violencia cero nas aulas e na sociedade; e educar na integración plena de todas as persoas, por riba da súa opción afectiva ou sexual.

 

Así mesmo, o portavoz popular salientou que no presente curso 2016-2017 estase a impartir por primeira vez Igualdade de xénero, unha nova materia de libre configuración autonómica que polo momento ofertan 24 centros galegos para os seus alumnos de 1º e 2º de ESO. Neste eido educativo, tamén está previsto a implantación dun ciclo formativo de grao superior para incluír a perspectiva de xénero na Formación Profesional e continuar cos cursos de formación do profesorado, nos que se aumentarán os contidos relacionados coa igualdade no ámbito educativo.

 

MODELO DE COEDUCACIÓN

 

“Hai que sinalar que o ordenamento xurídico español nunca impuxo un modelo de coeducación, nin antes da entrada en vigor da Lei orgánica 2/2006 de educación, nin agora, coa nova redacción dada a este precepto pola LOMCE, reafirmando a cobertura legal do financiamento con fondos públicos da opción educativa diferenciada por sexo”, explicou.

 

Ademais, manifestou que “a evolución que se ten producido no marco normativo reflíctese nos pronunciamentos dos tribunais de xustiza”. Así, lembrou que o propio Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, posteriormente á aprobación da LOMCE desestimou  no ano 2015 recurso presentado pola Confederación Intersindical Galega (CIG) contra a Orde de 9 de agosto de 2013 pola que se aprobaban os concertos educativos.

Síguenos nas redes sociais