Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG solicita ao Fiscal elaborar un estudio sobre a influencia da publicidade nos casos de violencia machista

16 Dec 2016

Santiago, 15 de decembro de 2016.- A portavoz de Xustiza do Grupo Popular, Paula Prado, propuxo esta tarde ao Fiscal Superior de Galicia, na súa comparecencia para presentar a Memoria da Fiscalía correspondente a 2015, a elaboración dun estudo, en colaboración con outros organismos públicos, sobre a influencia que poida ter a publicidade que se lle da aos casos de violencia de xénero na comisión de novos delitos.

 

Paula Prado explicou que en foros de expertos e profesionais se está valorando que a publicidade de casos de violencia de xénero nos medios de comunicación poderían provocar a comisión de novos delitos.

 

LIMITAR O EFECTO CHAMADA

 

Por este motivo, a portavoz popular propuxo ao Fiscal Superior a elaboración dun estudo, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e outras institucións públicas, “para valorar se é preciso limitar a publicidade de casos de violencia de xénero, de xeito que se limite ese efecto chamada que podería estar causando”.

 

Na súa intervención para valorar a Memoria da Fiscalía Superior de Galicia, Prado destacou que “se deron pasos imprescindibles para a implantación da nova Oficina Fiscal de Galicia”. Así mesmo, destacou o investimento feito pola Xunta de Galicia na nova sede da Fiscalía Superior de Galicia no edificio da antiga Fábrica de Tabacos de A Coruña.

 

Así mesmo, subliñou que na actualidade “a ratio fiscal por habitante en Galicia está por enriba da media nacional”, así como a extensión da mediación intraxudicial a todas as cidades galegas, unha vez que incorporara este ano A Coruña e proximamente se faga en Ferrol.

Síguenos nas redes sociais