Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

A baixada á metade das execucións hipotecarias en Galicia "é unha demostración de que a Xunta está a facer as cousas ben"

14 Dec 2016

 

Santiago, 13 de decembro de 2016.- O portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, salientou hoxe que os datos publicados onte polo Consello Xeral do Poder Xudicial, que reflicten unha baixada do 49,4 por cento das execucións hipotecarias iniciadas en Galicia no terceiro trimestre de 2016, “son unha demostración de que a Xunta está a facer as cousas ben”.

 

Jaime Castiñeira engadiu que “estes datos do Poder Xudicial coñecidos onte coinciden coa estatística realizada polo INE e publicada o pasado 2 de decembro, na que se indica que os procedementos anotados no rexistro da propiedade respecto de desafiuzamentos caen drasticamente en Galicia no último ano”.

 

MESMA INICIATIVA QUE NO MES DE ABRIL

 

Na súa intervención, Castiñeira criticou que En Marea volva traer ao Pleno do Parlamento unha iniciativa que xa foi debatida no mes de abril, “co único cambio das siglas pero co mesmo texto expositivo e resolutivo”.

 

Porén, explicou que “daquela desde AGE pedían a creación dun parque de vivendas sociais, ante o que desde o Grupo Popular respondemos que xa existía e estaba integrado por 2.800 vivendas”. “Hoxe volven sobre o mesmo, coa diferenza de que dan por feito que existe ese parque de vivendas sociais e piden un incremento, sen ter en conta que desde aquela data o parque xa se aumentou ata superar as 3.100 vivendas adxudicadas en réxime de alugueiro ás familias máis desfavorecidas ou con ingresos reducidos”, concretou Castiñeira.

 

REBAIXA NOS ALUGUERES

 

O portavoz popular indicou que os beneficiarios destes alugueres tamén se poden beneficiar dunha rebaixa do 50 por cento do seu prezo, “o que supuxo máis de tres millóns de euros en bonificacións, aos que hai que sumar outros 2,5 millóns de euros nas rebaixas de impostos ou cotas comunitarias”.

 

Jaime Castiñeira criticou que En Marea tamén veña demandando un novo programa de prevención dos desafiuzamentos. “Non imos copiar as actuacións irrelevantes nos concellos onde gobernan, que se limitan a un folleto en Santiago, unha promesa de crear unha comisión hai máis de un ano en A Coruña ou a simple declaración de concello libre de desafiuzamenetos de Ferrol”, dixo.

Síguenos nas redes sociais