Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Julia Rodríguez, Carlos Gómez e Marían García toman mañá posesión como deputados do Grupo Popular

12 Dec 2016

Santiago, 12 de decembro de 2016.- Julia Rodríguez Barreira, pola provincia de Lugo; Carlos Gómez Salgado, por Ourense; e Marián García Míguez, por Pontevedra, tomarán mañá ao inicio do Pleno posesión dos seus escanos no Parlamento galego como novos deputados do Grupo Popular.

Estes tres novos deputados suplirán a marcha ao Goberno galego de Susana López Abella (como secretaria xeral de Igualdade), Antonio Rodríguez Miranda (novo secretario xeral de Emigración) e María Nava Castro Domínguez (Directora da Axencia Galega de Turismo).

 

REMATAR OS TRABALLOS

 

Así mesmo, o Grupo Popular defenderá na sesión plenaria que se celebra mañá e o mércores dúas proposicións non de lei, ademais da solicitude para a creación dunha comisión de investigación para analizar e avaliar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforro e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex-directivos.

 

O obxectivos desta comisión de investigación será rematar os traballos realizados ao longo da pasada IX lexislatura, cando compareceran cerca de 50 persoas e se remitira ao Parlamento galego abundante documentación, principalmente por parte da Xunta de Galicia, sobre as antigas caixas de aforro galego, pero quedou pendente a elaboración do ditame e o seu debate e aprobación.

 

ESTRATEXIA VERDE E TARXETA PEREGRINO

 

Ademais, o Grupo Popular defenderá no Pleno o desenvolvemento dunha Estratexia de Infraestrutura Verde que cree unha rede de espazos naturais e seminaturais deseñada e xestionada para protexer a biodiversidade, proporcionar servizos ecosistémicos e incrementar a resiliencia dos ecosistemas.

 

En segundo lugar, tamén se demandará á Xunta a creación dunha tarxeta dirixida especificamente aos peregrinos a Compostela, que aglutine diferentes servizos de interese para os peregrinos e inclúa, entre outros, entrada única nos museos, facilidades no transporte público e descontos en actividades culturais de ocio e restauración, en comercios e tendas de produtos galegos e de artesanía de Galicia e nos mercados de abastos.

Síguenos nas redes sociais