Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O GPP apoia solicitar ao Goberno central que continúe os trámites para a construciónn da saída sur ferroviaria de Vigo

02 Dec 2016

Santiago, 1 de decembro de 2016.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación por unanimidade na Comisión 2ª do Parlamento dunha proposición non de lei, impulsada polo PSdeG, a través da que se demanda ao Goberno central a continuación dos trámites administrativos e técnicos necesarios para afrontar a construción da coñecida como Saída Sur ferroviaria da cidade de Vigo, que implique o desvío do paso do tren polo centro do Porriño. Así mesmo, demándase que esta nova infraestrutura teña prestacións de alta velocidade e se coordine co goberno portugués.

 

O portavoz de Infraestruturas, Martín Fernández Prado, defendeu a necesidade de que o Goberno central “continúe traballando na mellora da conectividade ferroviaria de Galicia, en particular en coordinación co Goberno de Portugal para a implantación da alta velocidade na liña Vigo-Porto”.

 

ENORME ESFORZO INVERSOR

 

Fernández Prado destacou “o enorme esforzo inversor” realizado polo Goberno central en época de crise para a chegada do AVE a Galicia e incidiu que desde o PPdeG “apoiamos a saída sur do AVE en Vigo, de xeito que se potencie o eixo de comunicacións ferroviarias con Portugal”.

 

Deste xeito, demandou a colaboración co Goberno portugués para levar adiante esta liña ferroviaria, apuntando que se trata dunha liña internacional de interese comunitario.

Síguenos nas redes sociais